Back

Explore every episode of the podcast GALIPORTUS

Dive into the complete episode list for GALIPORTUS. Each episode is cataloged with detailed descriptions, making it easy to find and explore specific topics. Keep track of all episodes from your favorite podcast and never miss a moment of insightful content.

Rows per page:

1–50 of 146

TitlePub. DateDuration
Galiportus T2 X 05- O Observatório Galego da Lusofonia, com o Jon Amil12 nov. 202401:05:31
10 anos após o lançamento da Lei 1/2014 (para o aproveitamento da língua portuguesa e de relacionamento com a Lusofonia, conhecida como "Valentim Paz Andrade"), e 13 meses depois de o Diário Oficial da Galiza falar dele pela primeira vez, o Observatório Galego da Lusofonia é já uma realidade. O presidente da Xunta, representantes das administrações espanholas e portuguesas, do Consello da Cultura Galega, da CPLP (comunidade de países de língua portuguesa), da Fegamp, da Associação de docentes de língua portuguesa na Galiza, da AGAL, etc., reuniram-se para conformar o organismo que há de zelar pela aproximação "real" da Galiza e do galego à lusofonia. Ligamos ao Jon Amil, presidente da AGAL, que participou no encontro. É com ele que falamos de tudo... e mais! Acabamos com uma música da Maria O'Neill Cortes, "Distração".
Galiportus T2 X 04- A Através editora, coa Charo Lopes05 nov. 202401:11:20
Hoje falamos da editora galega a escrever em "galego internacional" desde 2009, a Através editora. Com uma coleção disponível de centenas de livros, conta com dúzias de colaboradores e 4 seções: Através da língua, Através das ideias, Através de nós e Através das letras. Assuntos linguísticos, arte, história, feminismo, antropologia, criação poética ou narrativa... tudo é posível, graças ao pessoal da AGAL (Associaçom Galega da Língua), o Consórcio Editorial Galego e a Companhia das Artes em Portugal. Para explicar tudo isso, e falar-nos das úñltimas novidades editoriais ("Todas as crianças foram antes adultos... mas poucos se lembram", "Uma pequena história da Galiza rural, 1939-1982", "A abolição do género para a sua expansão") contatamos com a Charo Lopes, ativista, poeta, esctitora, jornalista, fotógrafa... ("ou simplesmente autónoma", como ela nos disse, a fazer brincadeira) Ligada profissionalmente à Através, tem muito para contar-nos ainda dos seus projetos, como são, além de mais, o livro da Scd "Galiza com Palestina" (do qual lê um poema fantástico: "intifada"), ou o livro solidário "Cantos da dor e da liberdade". Em umalopes.com temos tudo sobre a Charo, com a qual desfrutamos de bons minutod de rádio, além de boa música brasileira: "Construção", de Chico Buarque; e "Acabou Chorare", de Novos Baianos. Maravilha!
Galiportus T2 X 03- Liberdade para o galego, coa Elsa Quintas29 oct. 202401:07:18
Son tempos duros para o galego. Logo dos últimos datos do IGE (Instituto Galego de Estatística, 2023), un tercio dos rapaces de entre 5 e 14 anos non saben expresarse na lingua propia. Por primeira vez en 1000 anos, o galego xa non é a lingua máis falada no seu territorio. Cos sinais alerta vermella acendidos, e cun decreto do "plurilingüismo" de 2010 moi criticado por amplos sectores sociais, conversamos coa Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüistica, avogada, activista e tamén escritora. Con ela, ademais de sinalar as razóns que levan á situación de "emerxencia lingüística", falamos do libro do que é coautora, "Liberdade para o galego". Nel compáranse artigos da Carta Europea de Linguas Minoritarias co Plan de Normalización Lingüística de 2004, asinado por todas as forzas políticas. A visión xudicial de Elsa achéganos novos enfoques aos xa coñecidos nos que non hai liberdade de uso (nin obrigatoriedade no coñecemento) para o galego: saúde, educación, audiovisual, medios... Perante tanto pesimismo, é hora de actuar! En liberdade. Acabamos o programa cunha recomendación musical da convidada: "Encerelhado", de Berlai.
Galiportus T2 X 02- Cortiza como motor económico ... e historia de vida22 oct. 202401:24:02
Hoxe falamos de industrias transformadoras e de formación profesional dun sector vital para Portugal e non tanto para Galiza, como é o da extracción da cortiza (a pel da sobreira) e a súa posterior transformación que dá nos diferentes usos que xa coñecemos. Por exemplo, o dos tapóns (rolhas) das botellas/garrafas do viño. Recibimos con moito pracer a Francisco e Xacobe Ribeiro, fillo e neto da saga Almeida (Corchos Almeida), instalados hai máis de 55 anos na comarca galega do Ribeiro. Falamos con eles das súa incrible historia de "resistencia" e de progreso, desde que o avó atravesou a fornteira, vindo de Santa Maria da Feira, e trouxo a 8 fillos nunha moto, até ser hoxe unha empresa referencia no ámbito galego e no noroeste do Estado. Do lado sur do Minho aténdenos Délio Carquejo, director da Cincork, a única escola de formación profesional da península dedicada a preparar aos alumnos para seren parte da industria da cortiza. Nun sector no que Portugal é lider mundial, Délio achéganos todas as respostas sobre un centro que leva 40 anos facendo as cousas moi ben. En fin, temáticas diversas para un novo Galiportus, con temas de Deolinda (Movimento perpétuo associativo) e Ataque Estampe (A vitória)
Galiportus T2 X 01- O MARCO (VII) O galego de Asturias... vive ou sobrevive?15 oct. 202401:44:12
Hoxe comezamos nova temporada no Galiportus e facemos achegando un novo contido d'O Marco, ese espazo de fronteira de carácter auténtico. É un pracer partillarmos unha conversa que tivemos no verán coa xente que máis sabe do Galego da Asturias occidental, ese que leva séculos falándose entre o ríos Eo e Navia, e que loita por sobrevivir, perante a inacción da administración galega e os ataques da asturiana. Trátase dunha realidade complexa, coa presión oficialista do asturiano e a oficial do castelán, e para explicarnos todo conversamos con Moisés Cima, presidente de Axuntar (Asociación prá Normalización del galego de Asturias); Carlos Aenlle, activista de lingua nesas e outras comarcas; Quique Roxíos, poeta e tamén membro da asociación; e Natalia Xardón, doutora en lingüística e natural de Boal (Asturias), tamén boa coñecedora desa realidade. Logo dun bo anaco a falar con eles, despedímonos cun tema, unha cantiga fermosísima, versionada e chamada "El Teixo de Pastur", de Graça Amiguinho. Viva!
Galiportus Ep.73- A Lei Paz Andrade, 10 anos despois12 août 202401:08:42
En 2014, 17 mil persoas asinaban a Iniciativa Lexislativa Popular chamada "Valentín Paz Andrade" (político, empresario e escritor galeguista do século XX, ao que se lle dedicaron as Letras Galegas de 2012), para o aproveitamento da língua portuguesa na Galiza e os vínculos coa lusofonía. Ao pouco tempo, a ILP convertíase na Lei 1/2014, de 24 de marzo, baixo a mesma denominación e apoiada no Parlamento galego pola totalidade dos grupos políticos. Buscábase, pois, achegar Galiza e o galego a un mundo que ten mesmo ás portas, facendo uso das vantaxes competitivas propias, a nivel cultural, lingüístico (máis tamén económico) que supón ser galego/a. Os eixos: a aposta pola aprendizaxe da lingua portuguesa no ensino formal, a relación institucional e a recepción dos medios de comunicación portugueses. Unha década despois, tentamos analizar a cuestión en profundidade cun dos impulsores da lei, portavoz da ILP no seu día, Xosé Carlos Morell, empresario e profesor (Mos-PO-GZ) Lanzámoslle ben de preguntas: como se recordan aqueles días? En que se avanzou? Que falta por mellorar? É unha realidade ou é unha sensación que estamos ante unha de tantas leis que fica en "papel mollado"? E, sobre todo, nunha época en que todo vai tan rápido e vendo a perda de falantes de galego... que vai acontecer no futuro? Pechamos cunha grandísima música de Mondra, "saco de pulgas".
Galiportus Ep.72- O Instituto Camões de Vigo08 août 202400:42:43
500 anos do nacemento dun dos grandes portugueses da historia, Luis de Camões. Falamos do autor de "Os Lusíadas", esa obra poética na que se ensalzan as "proezas" épicas dos exploradores/mariñeiros lusos, alén de ser tamén un dos grandes "inmortais" da literatura: da escrita, da fala e do ton, que evoluíron segundo as pautas marcadas por el. Neste sentido, temos que lembrar que o 10 de xuño é feriado en Portugal, commemorándose o dia de Camões, de Portugal e das Comunidades Portuguesas. Hoxe temos no GLP a Célia Mendes, responsábel do Centro Camões de Vigo (Instituto da Cooperação e da Língua), para conversarmos sobre a data e o autor, mais tamén sobre o significado da institución, as relacións coa Galiza... e as posibilidades de estudar (e convalidar) a norma de Lisboa. A música, de Deolinda: "eu tenho um melro". Non volo perdades!
Galiportus Ep.71- Foni Diaz, a volta ao mundo com a bandeira06 août 202401:16:05
Chega aos nossos estúdios da rádio, neste novo episódio, Alfonso Diaz Andrés, "Foni" Diaz. Professor de licéu já reformado, decidiu dar ao volta ao mundo com a bandeira galega. Falamos com ele para sabermos como correu a aventura, e quais os desafios que teve de defrontar, da Austrália ao Chile, da Bulgária até a Uganda. A acompanhá-lo, veio também Augusto Fontán, "anti" poeta e amigo. As músicas, Fausto ("Rosalinda. atrás dos tempos vêm os tempos") e Gaos (compositor histórico galego: "as montañas de Galicia") Olha que maravilha de pessoal!
Galiportus Ep.70- O Modelo Burela e o programa "Grandes Vozes do Nosso Mundo"01 août 202400:59:34
Hoje fazemos um programa muito especial, junto com o Bernardo Penabade (filólogo e professor do IES de Burela, ex-presidente da Agal e parceiro da "Comisión Técnica" do "Centro de Documentación Social" do "Consello da Cultura Galega") e o Marco Pereira (jornalista invisual e apresentador em Rádio Burela - Lu, Gz- do programa de músicas lusófonas "Grandes Vozes do Nosso Mundo") Com eles é uma maravilha falar do "Modelo Burela", um projeto educativo que permitiu, numa vila com bem de migração caboverdiana, achegar a multiculturalidade a um sucesso social e integrador "continuado" e "poderoso". Uma conversa espetacular, tudo com a rádio quanto meio de transformação e união, a lusofonia na galiza quanto oportunidade... e a música da Ugia Pedreira no fim: "os teus ollos".
Galiportus Ep.69- Lumes: usos, desusos e problemáticas29 juil. 202401:34:34
Chega o verán, e con el, o calor, a seca... e os temidos lumes nos nosos montes, a norte e sul do Minho. Moitas son as preguntas que nos veñen á cabeza, e poucas as solucións a unha problemática que cada ano vai a peor, e que acaba por provocar a queima de millares de hectáreas de uso forestal, mesmo ás veces provocando perdas humanas, e sempre incidindo na perda de bioversidade. Desde Paredes de Coura (Viana-Pt) aténdenos Emanuel de Oliveira, encargado do Laboratório Rural e Gabinete Técnico Florestal do seu concello, enxeñeiro agroforestal con moitos lazos coa Galiza, habitual colaborador coas universidades galegas e experto en proxectos da xestión e usos dos fogos. Do lado norte, estamos con Davide "de Manzaneda" (Ou-Gz), ex-alcalde durante 8 anos, ex-parlamentario galego e bombeiro forestal desde 2002; el coñece moi ben todo o que rodea "ao que arde", unha rede ben tecida no que o que parece importar menos é o coidado e a xestión do medio natural... Tema controvertido, mais moi axeitado nesta época do ano... e que tamén representa un enorme desafío conxunto para as localidades arraianas. Toca conciencia e acción!!
GLP- O MARCO VI- O galego do Bierzo (2)22 juil. 202401:35:02
Hoxe dámoslle outra volta á cuestión do galego do Bierzo, falando con máis protagonistas. Máis visións que nos achegan a complexidade da realidade linguistica e sociocultural berciana. Conversamos co Hector Silveiro, nado en Vilafranca do Bierzo, docente e traballador da cultura, coordinador da comisión cultural "Martín Sarmiento" (e das xornadas do galego na escola) Tamén nos atende Raul Ochoa desde Valtuille de Arriba. Con el abordamos asociacionismo, tradicións e mocidade, en canto directivo da Asociación "Fiandón Berciano". En terceiro lugar, Xabier Lago, licenciado en Historia, escritor e membro activo do colectivo "Fala Ceibe". Por último, estamos co Paco Macías, de "edicións Positivas", a cabalo entre Bierzo e Compostela. El cóntanos como ve o futuro: retos, oportunidades... Viva o galego do Bierzo!
Galiportus Ep.68- Vinhos do Atlântico, a marca do noroeste18 juil. 202400:56:10
Hoje falamos de vinho, de cultura vínica e da primeira exposição do noroeste ibérico, realizada em Valença do Minho (Pt) no passado mês de Junho. Ligamos para a Andreia Pereira, a trabalhar na organização do evento; é com ela que conversamos sobre essa conexão incontornável, nomeadamente no que diz Rias Baixas-Vinhos Verdes, as duas marcas a norte e sul do Minho. E como correu tudo? Imenso sucesso, com uma gala, um roteiro com "passaporte dos vinhos" pela fortaleza valenciana, provas e mesmo muita música (Blues, músicas do mundo...) Será isto o começo de mais uma aliança galaico-portuguesa? Poderá exportar-se o vinho do Minho sob a mesma denominação transfronteiriça? Para já, muitas adegas participaram num evento cheio de força e com esperança de, no 2025, voltar a realizar-se! Para acabarmos... Herdeiros da Crus: Quero Josar!
Galiportus Ep. 67- Festas históricas15 juil. 202401:28:09
É verán, e toca falarmos de festas. Cada ano, ducias de recreacións con carácter histórico repártense polas vilas e cidades da Eurorrexión. O obxectivo é rebuscar no pasado un acontecimento que marcara a idiosincrasia do lugar para sempre. Loitas contra vikingos, feiras medievais, incursións romanas ou pasado hebreo, calquera motivo é bo para xuntar legado, tradicións, festa e música. Falamos disto todo nos nosos estudios con Marcos Argibay (presidente da Asoc. Civitas Limicorum- Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia, Ou-Gz), Miguel Garcia (presidente da Festa da Istoria de Ribadavia, Ou-Gz) e a Conchi Ogea (Vicepresidenta da Asoc. Esp. de festas e recreacións históricas) No celular, aténdennos Francisco Melo, vicepresidente da câmara de Chaves e "vereador" de cultura (e de congreso por Loures, na rexión de Lisboa); e Mário da Costa, presidente da Fed. Pt. de festas da história (e no momento da nosa conversa nas illas Azores, nunha festa en São Miguel de raíz histórica) Con todos eles falamos do momento actual, da masificación turística, das non-banalizacións de festas con moito simbolismo... ou da conexión galaico-portuguesa, tamén nesta área. A despedida, coa BSO de Gladiator, dedicámoslla a Maria Méndez, a nosa colaboradora na sombra á hora de reunir xente que sabe tanto de como facer .... historia!
Galiportus Ep.66- "Pontes do Minho": o torneio de rugby (de necesidade e proximidade) galaico-português12 juil. 202401:11:42
Hoje falamos de um desses projetos que, a nível do desporto, promovem que o espaço da eurorregião faça sentido. O rugby, enquanto desporto amador, longe das facilidades do futebol, fez com que clubes galegos (de Pontevedra) e portugueses (do Alto Minho) se encontrarem perante a mesma problemática: o que fazer quando cada fim-de-semana há que disputar os jogos a centenas de kms, sem dedicar-se profissionalmente a isto? Conversamos de maneira telemática com o Filipe Machado, do Clube de Rugby Arcos de Valdevez (o clube mais ao norte do rugby português) e mais o Alberto Fdez. Grifón, do Pontevedra Rugby Club. Os deslocamentos do primeiro são, muitos deles, à zona de Lisboa. Pela parte galega, toca viajar cada quinze dias (nas categorias principais) ao País Vasco, a Catalunha ou Madrid. Assim sendo, a questão é certa: por que não se juntar em uma nova competição transfronteiriça "oficial", a sumar clubes como Os Ingleses (de Vilagarcia), o Universidade de Vigo, o Braga rugby ou o Guimarães rugby? O torneio, à maneira do "6 nações", seria chamado "Pontes do Minho", e não implicaria deixar de jogar nas respectivas federações. Pelo contrário, em tempos de precariedade, significaria mais jogos ao lado da casa e sempre grandes "terceiros tempos", cheios de convívio. Os nossos convidados respondem fantasticamente a isto tudo, e deixam mais uma amostra do que deve ser o entendimento galaico-português. Comemoramo-lo com uma música final da Banda da Loba, "Abrente". Ensaio!
Galiportus Ep.65- Pesca sustentábel, rios e ribeiras vivas08 juil. 202401:43:05
Os rios son símbolos de calquera territorio interior. Representaron vida e proporcionaron recursos para as comunidades que habitaron as suas ribeiras desde tempos inmemoriais. O Miño/Minho e o Limia/Lima son os dous principais nexos de conexión fluvial galaico-portuguesa, e están a esmorecer por dentro. As especies clásicas, como a lamprea ou os salmónidos son cada vez mais raras de encontrar, nuns treitos cheos de centrais eléctricas, furtivismo e polución. Hai xente que levanta a voz e reclama que outra política debe rexer os nosos rios, baixo a óptica do longo prazo e da sustentabilidade. Falamos diso no estudio con Adolfo Álvarez Cuña, pescador habitual do Arnoia e fundador das "I Xornadas de montaxe con mosca de Ramirás (Ou-Gz)" e tamén con Amador Alonso Rodríguez, membro do comité provincial de pesca de Pontevedra (Gz) e secretario fundador da plataforma "Defendendo o Tea" (Ponteareas, Pontevedra, Gz) Por outro lado, non queriamos deixar de lado a opinión do lado portugués. Entrevistamos a João Francisco Carvalho Táboas, técnico do ambiente de Monção (Alto Minho), con grande experiencia na xestión e desenvolvemento de proxectos vinculados ao Minho. Por último, desde Viana do Castelo aténdenos João Dias, empresario, bo coñecedor do Lima, colaborador do turismo do Alto Minho e participante asiduo a campionatos nacionais de pesca, con visión global da problemática e moita experiencia internacional no que respecta á conservación dos rios. Abrimos, ademais, cunha referencia aos microplásticos e pechamos cunha música de Baiuca (Ribeirana) En definitiva, todos os convidados coinciden na necesidade de abordarmos un novo tempo no que se fale, sen reparos, das mudanzas climáticas, a falta de xestión transfronteiriza neste eido, a pesca sen morte, etc. Toca escoitar atentamente... e aprender!
Galiportus Ep.64- O Brasil, ese continente... (co Xoán Calviño)05 juil. 202401:27:10
Hoxe visítanos nos estudios da radio Xoán Calviño (Ou-Gz), linguista, poliglota e profesor da EOI de Ourense. Un bo día decidiu probar cos programas de ensino do español no Brasil e alá estivo por duas veces, para un total de 10 anos. Con el conversamos sobre a complexidade dun Estado de Estados, do tamaño de Europa e que se convertiu na referencia mundial da lusofonía. Falamos, pois, da súa experiencia, mais tamén da historia, estereotipos, das desigualdades, cultura e... peculiaridades da lingua. Un mundo, como xa sabemos, coroado por unhas músicas incríbeis. Escoitamos algunhas que nos recomenda o noso convidado: "Ao meu redor", de Marisa Montes; "Me faz um dengo", con Roberta Sá e Martinho da Vila; e "Águas de Março", da Elis Regina e Tom Jobim. No inicio tamén lembramos ese documentario de Carlos Núñez sobre as raices galegas e célticas do país ("Brasil somos nós") Non é fácil falarmos do Brasil nun só programa... mais sempre é bo facerse unha idea e porse na pel de quen alí viviu!! Beleza!
GLP- O MARCO V- O galego do Bierzo (1)04 juil. 202401:27:49
Volta "O Marco", esta sección do Galiportus dedicada a espreitar e botar unha ollada ao lado de "alá". Hoxe visitamos o Bierzo, esa comarca veciña a Valdeorras (Ou-Gz), con forte espírito de pertenza e que loita desde hai décadas polo seu recoñecemento, lonxe de "leonesismos" e máis lonxe aínda do significado da autonomía de Castela e León. Falamos con algúns dos principais protagonistas que reivindican o uso e a protección do galego do Bierzo, tan galego como o que se pode falar na Galiza "administrativa". Aténdennos Ricardo Témez, director do dixital "Bierzo diario"; Sara Rodriguez, tradutora berciana que creou o primeiro dicionario do galego do Bierzo, con case 15 mil termos; Paco Velasco, catedrático de latín, reformado e histórico activista galeguista na comarca; e Marisa Cela, membro da histórica Escola de gaitas de Vilafranca. 4 entrevistas con xente fenomenal que só queren unha cousa: que a lingua e a cultura galaico-portuguesa perviva do outro lado das Médulas ou de Pedrafita...
Galiportus Ep.63- Os XV Jogos do Eixo Atlântico03 juil. 202400:28:39
Hoje viajamos até Famalicão para falarmos com o Pedro Oliveira, vereador do desporto da cidade do norte português. Ali, conjuntamente com Braga, do 30 de Junho a 5 de Julho, celebram-se os XV Jogos do Eixo Atlântico, com a participação de quase 2500 atletas jovens vindos de um e outro lado do Minho. A ideia, como aquela de há 30 anos, é a mesma: expor uma das principais "bandeiras" do Eixo: os valores intrínsecos a um convívio desta qualidade, nas diferentes modalidades desportivas: andebol, futebol 7, volei, natação ou atletismo. Nesta edição conta-se ainda com várias modalidades adatadas, na sequência da homenagem ao famalicense Luís Silva, que ganhou a medalha em boccia lá pelo ano 2012, nos Jogos Olímpicos de Londres. Enfim, estamos perante uma nova amostra de cooperação transfronteiriça, maravilha! A música para encerrar, Mondra-Berto: Rumbambá.
Galiportus Ep.62- A UE e nós (coa Ana Miranda, eurodeputada)24 juin 202401:24:11
Hoxe por fin conseguimos falar coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Política, políglota, xurista e avogada de Cuntis (Po-Gz), viguesa de adopción e militante nos dereitos humanos e nas causas xustas, xa coñeceu o Consello de Europa alá polos anos 90, como bolseira. Tras anos de traballo como asistenta de Camilo Nogueira, pasou varias veces polo Europarlamento, mais nunca conseguira un escano "propio" como agora en 2024. Con ela falamos de como entender todo o que sucede na UE e nos afecta no noso día a día (ollo: o 85% do lexislado en Bruxelas condiciona a nosa realidade máis próxima, a pesar do que tradicionalmente se pensa): A pesca, o agro, a cuestión de Altri ou a liberalización da AP9, mais tamén os eólicos, a TVG, a importancia da Eurorrexión, as alianzas estratéxicas á galega ... e baixo o momento actual de dereitización extrema. Non podemos deixar de tocar o tema do galego/portugués para unha política que convive coas linguas todos os días. Isto e moito máis durante máis dunha hora de conversa que presta! Non vola perdades!!
Galiportus Ep.61- Maria do Ceo, o fado galego e a vida20 juin 202401:28:10
Hoxe visítanos Maria do Céu Fernandes Faria, que en plena idade escolar veuse do Porto (Pt) para Ourense (Gz), coa familia. Nas terras galegas, e influenciada polo seu pai, comezou a cantar fado tradicional, aínda que tivo que dar ben voltas antes de poder dedicarse á música profesionalmente, xa na trintena. Foi nos anos 90 que coñeceu á súa referente, Amalia Rodrigues, e tamén foi nesa década que comezou a mesturar as súas raíces portuguesas con esa "dozura" galega. Desde aquela, son 30 anos a estender a identidade común luso-galaica, visitando ducias de países, con centos de concertos (algún, como nos conta, inesquecíbel, como o de Buenos Aires, ou o que deu coa Real Banda de Gaitas nas pirámides de Exipto), ben de condecoracións e case 20 álbuns no seu haber. Iso si, estamos diante dunha persoa que comenta que, co seu último traballo (Galicia Nai), o de ser "artista" é para outras, que ela só quere ser recordada como "traballadora" do canto, da música. Desfrutamos varios temas a capela "da Maria", alén dos temas: "Cántame un fado minhoto" (fado corrido, do poema de Armando Gonzalez), "Sin niño" (fado vianinha, poema de Rosalía) e, para pechar, "A Fala" (do poema de Manuel María) Canta arte xunta!
Galiportus Ep.60- Especial eleccións europeas17 juin 202401:25:52
E tocou pasar polas urnas... de novo. Desta vez, eleccións europeas, onde 400 millóns de habitantes do vello continente estabamos chamados o dia 8 de xuño a decidir o noso futuro político. Os resultados deron un avance tremendo da ultradereita en países como Francia, onde foi primeira forza por moita diferenza, Austria, Alemaña ou Italia. No parlamento europeo imos ver moita fragmentación, unha esquerda en retroceso e os democristiáns con opcións de pactar con conservadores e populistas. Analizamos a clave galega e estatal con Manuel Martinez, historiador e politólogo ribadaviense. Do lado portugués, falamos co Rui Pereira, investigador, pedagogo, antigo xornalista (Espresso) e doutor e profesor de ciencias da comunicación da Lusófona do Porto. Escoitalos é unha marabilla!... e ambos coinciden en que veñen tempos "convulsos", onde Europa vai ter que (re)pensarse ou... morrer como proxecto de unión transnacional?
Galiportus Ep.59- AGAL e o reintegracionismo (com o Eduardo Maragoto)13 juin 202401:28:33
Hoje temos uma conversa dessas das que tinhamos vontade de ter há bem tempo. O que é o reintegracionismo? Eis a pergunta que lançamos ao Eduardo Maragoto (Mañón/Manhom, CO-GZ), presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) até 2023. Com ele falamos das origens da questão, nos anos 80, quando se decidiu a norma atual do galego (castelhanizado), e analisamos muitos tópicos: o que é isso do galego internacional? qual o futuro para o galego? o que é o binormativismo? Isto e muito mais, sempre com optimismo e boa música: Amarelo, dos brasileiros Emicida. Como dizem eles... "o ano passado eu morri, mais este ano eu não morro". Há esperança ainda para a língua própria dos galegos?
Galiportus Ep.58- Abril é un país, con Tereixa Constenla (Especial 50 anos do 25 de Abril -V-)10 juin 202401:09:59
Hoxe viaxamos até Liboa para falarmos con Tereixa Constenla, estradense (PO-GZ) que vive en Lisboa desde a Pandemia e que traballa como correspondente para o xornal "El País". Ela vén de publicar o magnífico libro "Abril é un país" (Kalandraka), no que, mediante pequenos relatos persoais no antes, no despois e no, sobre todo, o durante da Revolução dos Cravos (o 25 de Abril), analiza pormenorizadamente todos os eventos que rodearon uns momentos que mudaron Portugal para sempre. Episodios que ensalzan a figura do sarxento Salgueiro Maia, a de Otelo Saraiva ou a de Melo Antunes, mais tamén a daquel cabo insubmiso que se negou a disparar ou a daquel locutor de radio censurada que pon en marcha o plan. Pequenos momentos cruciais, detalles que moitos non sabían ou nos que non se reflexionara suficiente, e que decidiron os acontecementos. Presos liberados, brindes e manifestacións, mais tamén mortos esquecidos, ditadores conmocionados ou anos de menos "trascendencia". Unha delicia de conversa, na que tentamos desgranar o 25-abril, como nunca antes. A perspectiva galega, nun dos grandes momentos da historia dos veciños. O peche, obra do Zeca, como non: "Os Vampiros" (1983) E agora, que temos liberdade... que imos facer con ela?
Galiportus Ep.57- São português e galego a mesma língua? (perguntas portuguesas, com o Marco Neves)06 juin 202400:57:20
Do lado galego é muito frequente este debate: o que são galego e português? a mesma língua, com fonéticas e escrita (castelhanizada) diferente? duas variantes do sistema galaico-português medieval? ou duas línguas já separadas por causa da história? De Lisboa fala-nos o tradutor, professor da Univ. Nova e escritor Marco Neves, que já tem sido muito ativo nesta questão no seu blogue (certaspalavras.pt) ou nas suas redes sociais. Assim sendo, e graças à Através editora, publicou recentemente um livro muito interessante, sobre o qual conversamos. Mais do que nunca, interessa-nos a perspetiva do lado sul, tantas vezes sendo ignorados enquanto galegos, e dissoltos no marco espanhol. Serão que as coisas estão a mudar? O que acham os portugueses sobre essa língua deste canto da península tão semelhante? Há conhecimento geral? Apenas até o Douro? E podem utilizar o português padrão em Santiago ou Corunha? O futuro? Muitas coisas no debate, com a leitura do prólogo do seu livro e o encerramento de parte das Tanxugueiras... será que não há fronteiras? Com certeza?
Galiportus Ep.56- Rally de Portugal, "o melhor do mundo" (e cheo de galegos)03 juin 202401:51:53
Hoxe falamos de motor, xa tocaba. Paixón incríbel a norte e sul do Minho, a maior cita de todas é o Rally de Portugal, celebrado tradicionalmente no norte, cada mes de maio (con algún período onde se levou para o Algarve) Até medio millón de persoas se xuntan na superespecial de Fafe, no que é un exemplo da importancia do evento, anotado en vermello para milleiros de portugueses... e de galegos, que están na casa. Visítanos Miguel Fernández Mosquera, ourensán afeccionado a este mundo desde hai ben anos, habitual participante nas carreiras de clásicos e grande coñecedor do Mundial de Rallies (xa visitou Montecarlo, Catalunya, Finlandia... e case 20 veces Portugal) Con el falamos do significado desta "loucura", como se vive, que supón e como foi a sua evolución nas case 60 edicións que se leva celebrando. Ao telefono tamén nos atende Maria Pérez, integrante da escudería Chrono Gallaecia, para conversarmos un pouco sobre o papel destes clubes, a seguridade e as diferentes disciplinas existentes, fora dos grandes focos do mundial. Para acabar, comentamos con Miguel moitas anecdotas máis... e descubrimos libros espectaculares sobre os rallies. E marchamos cunha música destas que chega ao peito para os máis románticos dos coches! "Carro preto", de Jorge Ferreira. Aceleramos a fondo?
Galiportus Ep. 55- Allariz e Ponte de Lima, vidas paralelas. Festas, rio e xardins.30 mai 202401:29:30
Toca falar de dúas vilas ben queridas e que teñen moito en común. Dun lado, Allariz (Ou-Gz), de orixe alto medieval, reconfigurouse arredor da recuperación do seu río Arnoia, e hoxe é un referente patrimonial e ambiental. Do outro, Ponte de Lima (Alto Minho-Pt), co seu rio Lima (de orixe e curso partillado coa parte galega) e o seu título de "vila mais antiga" de Portugal. Nas últimas décadas, ambas camiñaron xuntas, coas súas festas (A Vaca das Cordas e o Boi, a celebrárense nestes días de maio) e os seus festivais de xardins (expostos de maio a outubro). Falamos de todo iso con Xian Bobillo, profesor de lingua e literatura galega, que nos visita para falar dos anos nos que participou como "home do sedeño", na área "dos bois" da Asociación "Xan de Arzúa", parte importantísima do evento. El tamén axudou a escribir o Manual da Festa do Boi (na etapa moderna, é unha festa con 700 anos de antigüidade) e traballou durante case unha década na animación sociocultural do concello. Por outra banda, conversamos en liña coa vila "limiana" con Anibal Varela, eterno presidente da Associação Tradicional da Vaca das Cordas. En canto aos xardíns, explícanos de que vai esta edición Maria Lopez, concelleira alaricana de promoción económica, comercio e turismo. E ao teléfono, desde Lisboa, aténdenos Francisco Caldeira, eminencia da arquitectura paisaxista e presidente de ambos certames. Con el abordamos questións relativas á arte floral, as mudanzas de pel que supoñen festivais así para as vilas ou o desenvolvemento sustentábel, coas temáticas diferentes de cada ano. Unha marabilla de programa, a cabalo entre a celebración, os lazos de amizade e e convivencia natural co entorno... a un e outro lado da Raia! Escoitamos Grupo de Concertinas, e tamén aos Zés Pereiras, bombeiros de Amarante que fan as delicias por Allariz cada ano. Finalmente, bailamos cos Festicultores e o seu "Olivia Newton Jon era de Pantón".
Galiportus Ep.54- Especial Letras Galegas: Xurxo Souto e o método Luisa Villalta27 mai 202400:48:51
As Letras Galegas deste ano (17-Maio) representan a homenaxe á cultura, a lingua e a literatura galegas (e en parte, tamén portuguesas, como nos comentan algúns...) Este ano tocoulle a Luisa Villalta, escritora, filóloga, profesora e até violinsta coruñesa. O seu legado analizámolo co grande e polifacético artista Xurxo Souto, que nos insiste na importancia de vincularmos música e poesía como elementos indisociábeis, e que trataron históricamente de "apartárnolos", sinala o acordeonista, actor, locutor, e activista incansable da causa galega. Un programa delicioso e tan creativo como "o momento da nosa música". Grande a ecuación, entre Villalta e Souto, coas obras sempre vixentes e celebradas da primeira ("O outro lado da música, a poesía" ou "ruído") e o recente libro do segundo, "Somos un pobo de artistas, o método Luísa Villalta" (Xerais) Será que si? Orquestra Bravú Xangai, co seu Grelocúmbia, para acabar danzando e mesturando letras e música. Sempre xuntas! Viva!
Galiportus Ep.53- A alta velocidade no tren Porto-Vigo... para cando?23 mai 202400:39:08
Hoxe falamos da grande aposta vertebradora da Eurorrexión a nivel de infraestruturas: a conexión de alta velocidade ferroviaria entre Porto e Vigo. E facémolo coa xente do Eixo Atlántico, o ente que asocia máis de 40 cidades a norte e sul do Minho. Xoán Vázquez Mao, secretario xeral, e Luís Nobre, presidente (desde o 1 de febreiro) e rexedor de Viana do Castelo, responden ás nosas dúbidas: cal é o momento actual do proxecto? Para cando será unha realidade? A prioridade continuará a ser esta conexión atlántica, fronte ás presións que buscan priorizar o Madrid-Lisboa? Para analizarmos todos os prismas, rebuscamos nos xornais, para ver o estado da cuestión nos últimos meses. A pregunta que fica no ar, ao final, é: cando poderemos confiar nun transporte público sobre vias, eficiente e rápido, que non nos faga ver aínda o Minho como esa fronteira que non se pode atravesar se non é co teu coche? A música de despedida, como non, un clásico de Andrés Dobarro: O tren... Viaxeiros a bordo!!! Pipiiiii!!!
Galiportus Ep. 52- As "XII Jornadas Galaico-Portuguesas" de Pitões e o Mundo Celta20 mai 202401:22:41
Hoje falamos das Jornadas Galaico-Portuguesas que se celebram há já 12 anos na vila raiana de Pitões das Júnias (Montalegre) Mais de uma década a debate aberto, a falar acerca do significado da mitologia galaica, da herança céltica, a identidade partilhada desde a idade do ferro, etc. Música, poesia, etnografia, tradições orais, ou o papel do lobo, muitos são os tópicos a serem tratados com produndidade. Tivemos o prazer de ligar para o organizador do evento, o professor, escritor e historiador X. M Barbosa. Já no dia das jornadas, conversamos com um dos relatores, o Santi Bernardez, investigador freelance desde há 30 anos em questões relativas a celtismo e mundo céltico. Será que somos celtas? O grau de relacionamento que temos galegos e portugueses hoje, está a unir-nos apartir da antiguidade? Tudo isto e mais, apenas resta é escutar! A música do final, Luar na Lubre.
Galiportus Ep.51- +Cuñados, a comedia á galega (e também à portuguesa)16 mai 202400:44:20
Neste capítulo voltamos ao mundo do cinema para falarmos de +Cuñados, o novo filme da produtora coruñesa Portocabo, da man do director Luis Avilés. Logo do éxito da primeira parte de 2021, a secuela é outra aventura dos cuñados (X. A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez...), comezando por unha secuencia na Ponte Internacional de Tui. Moito humor e moita ourensania (viño do Ribeiro, licor café, polbo e Entroido...), e de todo iso e máis falamos co propio X. A. Touriñán (filólogo... e ás veces actor, humorista, presentador de TV, moi recoñecido na Galiza e non só) e tamén con Ivo Bastos, actor que nos atende desde o Porto (e que está encantado coa acollida que tivo na Galiza) Cos dous falamos de humor, de audiovisual, de proxectos, de lingua ou de fronteira. Un filme no que falares á galega e à portuguesa combínanse con naturalidade e non precisan de subtítulos... Bo cóctel para botar unha escoita, non?
Galiportus Ep.50- Cana Verde e Terra Morena cantam ao Zeca (Especial 50 anos do 25 de Abril -IV-)13 mai 202401:08:24
Hoje recebemos uma visita muito agradável nos estúdios da rádio. São Xico Paradelo (com quem até falamos de banda desenhada), Irene Veiga (que já por cá esteve a presentar o livro da Noe em outubro), Jesús Arranz, Andrés Fdez. e Bernardo Marques, acompanhados da Noemi Vazquez (A Arca da Noe) Todos eles, com guitarra, alaúdes, filarmónica e grandes vozes, homenageiam a figura do Zeca ao vivo ... e muito mais. Cantam deliciosamente as "Cantigas de Maio", "Viva o poder popular", "quem diz que é pela rainha" ou "Altos castelos". E falam do significado de Abril ou da canção de autor da altura... e de hoje em dia. São gentes únicas, galegos que cantam ao Zeca graças a décadas de experiência no ativismo, a educação e a cultura, além da música. Eles contam como é que correu nas vezes que tocaram em Portugal. Enfim, membros de Cana Verde (grupo dos 80 reinventado muitos anos depois) e de Terra Morena (mais recente), mesturados e a fazerem melodia da boa para nós ouvir!!
Galiportus Ep. 49- Rochi Nóvoa, a poesía e o "1º Encontro galaico-portugués da Palabra"09 mai 202400:51:46
Hoxe visítanos un furacán a Radio Allariz. Trátase da galega (ourensá de Xunqueira) Rochi Nóvoa, mestra de inglés, escritora, música, poeta... Só ela é capaz de promover e presidir "Tangaraño Cultural", recuperar a figura típica do entroido da súa zona (o "Farrumecos"), ou participar en recitais e encontros, debuxar, pintar... Unha mente inquieta xa con varias publicacións no mundo da poesía, que mesmo é capaz de retirarse a Polonia cunha bolsa para creadoras ("Diagnóstico poético", a súa obra) Aproveitamos para falarmos do significado da poesía grazas á última "das súas": o "1º Encontro Galaico-Português da Palabra", celebrado en Xinzo de Limia (20-4-24) Do outro lado da Raia, aténdenos Manuela Rainho, flaviense que participou no evento. Momentos de reflexión, de palabra... e tamén de música, coa "Voz das Mouras", grupo de voces e pandereteiras, coas que tamén colabora Rochi. Escoitamos "Ata a Lúa" e "Raiba". Como di Rochi... "necesitamos tempo" para asimilarmos... todo o que nos contou. E será que a vida é un poema musical? Ou unha música poética?
Galiportus Ep. 48- O Zeca Afonso e o seu amor pela Galiza (Especial 50 anos do 25 Abril -III-)06 mai 202401:18:16
Não podiamos aprofundar no 25-Abril sem falarmos do Zeca Afonso, o autor da música ("Grândola, vila morena") que 50 anos depois continua a ressoar nas ruas e praças. Começamos com o trailer (Nós TV) do "Zeca 1972 Galiza", já que foi em Compostela onde a sua música foi cantada pela primeira vez. A seguir, ligamos ao Odilo G. Carnero, presidente da AJA-Galiza (Associação José Afonso, núcleo galego) Com ele revivemos a figura do músico natural de Aveiro, que sempre gostava de dizer que a Galiza era a sua segunda pátria (nesse triângulo africano, português e galego) Os valores deste e doutros cantores de uma época muito difícil "são eternos", como diz o nosso seguinte convidado, o grande Xico de Carinho (músico, harmonista, educador...) , que mesmo chegou conhecer o Zeca em Paris. Ele é que sabe o que se passou naqueles anos... Nas músicas, uma do Zeca ("os fantoches de Kissinger", de 1976) e outra no final do seu sobrinho, João Afonso ("Na Machamba", 1997) Se calhar, fazem falta 50 programas para redescobrir uma personalidade como foi o Zeca, o mais galego de quantos portugueses ousaram cantar e lutar pela liberdade... Minho acima?
Galiportus Ep.47- Altri (II): A Plataforma Ulloa Viva, na UE02 mai 202401:15:24
Hoxe toca volver falar de Altri, e a súa macrofactoría de celulosa que está prevista asentarse na comarca galega da Ulloa. Xustamente desde alí fálanos Zeltia Laya, voceira da Plataforma "Ulloa Viva", logo de visitar o Parlamento Europeo en Bruxelas. Como ela nos comenta, o proxecto da empresa incumpre até 7 directivas comunitarias relativas á bioversidade, hábitats, calidade do aire, nitratos ou marco da auga. Foi, pois, xenial o poder expor estas e outras cuestións a salientábeis eurodeputados, como é o caso de Florent Marcellasi (Os Verdes), Idoia Villanueva (Unidas Podemos) ou Ana Miranda (vicepresidenta do comité de peticións, BNG) Como di Zeltia, "imos chegar até onde faga falta"... Atravesamos a Raia para conversar tamén con João Ribeiro, enxeñeiro lisboeta afincado en Vila Real, formado en Arquitectura Paisaxista e amante da coalición que forman "ambiente e educação". El xa visitou Palas de Rei hai dous anos para expor os cálculos considerados dos consumos vencellados á Altri, e relativos á madeira necesaria. Incidindo na problemática da eucaliptización que pode ir a máis cun proxecto destas características (previsto para 75 anos), João di que todo depende da forza da sociedade civil e da presión á que se someta aos diferentes gobernos e administracións. Para acabar, a música de António Zambujo e a súa "gota de água". Encaixa perfectamente co lema das xentes que foron ao Encoro de Portodemouros a dicir aquelo de "A auga é nosa, e non da celulosa"...
Galiportus Ep.46- O Correlingua29 avr. 202400:49:44
Hoxe corremos pola lingua. Desde Vigo aténdenos ao teléfono Anxo Terán, presidente da Asociación "Correlingua". Este ano cúmprense 24 anos de existencia desta festeira iniciativa, que busca celebrar co público escolar, animar a rapaces e rapazas de colexios e institutos de toda Galiza a xuntarse, falar, cantar e correr polo idioma. Como nos conta Anxo, durante o mes de maio, en 11 localidades galegas, case 20 mil rapaces van participar nun evento que este ano trae a mensaxe da inmediatez e da necesidade: "dende aquí até acolá, Galego xa!". O obxectivo é sensibilizar a sociedade a través da xente moza do significado da lingua... e as actividades? pois unha chea delas: "regueifando, desata a lingua, crealingua, cantalingua..." Acabamos cunha mostra das músicas vencedoras do ano pasado, e co tema da Mekanika Roller Band: "Maruxaina". Todo unha festa!
Galiportus Ep.45- 50 anos de Abril na Galiza, o livro (Especial 50 anos do 25 Abril -II-)25 avr. 202401:13:26
No dia de emissão deste programa são 50 os anos que já passaram desde a última Revolução "romântica" em Ocidente, a dos Cravos. A 25 de Abril de 1974, um levantamento de militares antifascistas acabaram pacíficamente (com espingarda e cravo na ponta) com 48 anos de Estado Novo, depuseram o governo de Marcelo Caetano e as terríveis guerras coloniais da África finalizaram. Isto por tod@s é sabido mas... qual a ligação que teve a Galiza no antes, durante e depois? Falamos com os galegos Carlos Pazos-Justo (professor de estudos românicos na Universidade do Minho) e Roberto Samartim (professor do departamento de letras da Universidade da Corunha) enquanto coordenadores e editores do livro "50 anos de Abril na Galiza" (Através) De Gaia, também na conversa, contamos com a Sónia Duarte, professora de secundária na cidade da margem sul do Douro e Licenciada em linguas e literatura modernas. Ela é uma das 12 autoras que escrevem nos dois blocos que o livro apresenta: de Fernando Rosas a Manuel Duran Clemente, Margarita Ledo ou Manuel Ledo. Todos os contributos visam na ideia que a revolução também teve parte importante a norte do Minho, e não só a nível cultural, musical ou sindical. Galiza e Abril... uma revelação! No final do episódio, a música de Sérgio Godinho, "liberdade".
Galiportus Ep.44- Duran Clemente, o capitão "galego" de Abril (Especial 50 anos do 25-Abril)22 avr. 202401:12:05
Hoje toca olhar no passado para compreender-mos o futuro, 50 anos depois da Revolução dos Cravos, que acabou com 48 anos de ditadura em Portugal e trouxe a democracia a Portugal. De Lisboa fala-nos Manuel Duran Clemente, capitão da revolução, de mãe galega (de Pazos de Borbén-PO) Com ele conversamos sobre o significado de Abril, do colonialismo da época, a vontade de mudança e das dificuldades para consolidar o processo (PREC, Processo Revolucionário em Curso); inclusive o difícil que foi para ele ter que saír para a Guiné, em momentos de muita instabilidade (1974-1975) Falar com uma figura assim é fantástico, que além de militar é Licenciado na Administração, Cavaleiro da Ordem de Avis, ativista (fundador da Associação 25 de Abril) e mesmo Grande Oficial da Ordem da Liberdade (2021)... e poeta/escritor (2023- "Afeto e consciência" // 2024- "Crónicas de un insubmisso") Na música, não podia faltar o Grândola Vila Morena, acompanhada de "o povo unido jamais será vencido" e "a luta vai ser duro, companheiro". Isto é uma jóia radiofónica!!
GLP- O MARCO IV- La lhéngua mirandesa (2): arde a biblioteca, salvemos os libros (parte II: ALCM e o valor de asociarse)18 avr. 202401:08:28
Continuamos neste especial d'O Marco falando do Mirandés, língua astur-leonesa afincada no nordeste portugués. Falamos do valor asociativo con dúas das persoas que máis traballan pola recuperación e a supervivencia da Lhéngua. Trátase de Alcides Meirinhos e de Alfredo Cameirão, secretario e presidente da ALCM (Associaçon de la lhéngua i cultura mirandesa) Eles, con "prua" (orgullo), falan do importante que é protexer un tesouro así, recoméndannos publicacións e cursos, repasan as últimas décadas... e ollan para o futuro con certo optimismo. O mirandés ten que ser "unha ferramenta, unha máis-valía". Así mesmo, recuperamos un dos episodios do podcast da ALCM, Terreiro de la lhéngua: "nun deixes atamar la rábia". Acabamos encantados, co slogan necesario: falá-la ye dá-le bida!... e cunha música: Las çarandas, de Cirigoça. Oubrigado!
Galiportus Ep.43- 15º aniversário da AGLP15 avr. 202401:00:44
Hoje temos boa conversa na ocasião do 15º aniversário da Academia Galega da Língua Portuguesa. Falamos com o Pedro Casteleiro, corunhês vindo de Ferrol, advogado (e por vezes poeta) sobre quais as características desta organização que visa "maior input na relação da Galiza com a Lusofonia". Por outro lado, chamamos à Concha Rousia, psicóloga, escritora e ainda poeta raiana. Com ela conversamos sobre o poder da palavra, da língua, da natureza e também das jornadas "Mulher, Terra e Língua", celebradas em Xinzo de Límia em março, nos atos de comemoração que se estão a levar por toda a Galiza neste ano. Maravilha! Para acabarmos, música de Milladoiro: Alalá das Mariñas.
GLP- O MARCO III- La lhéngua mirandesa: arde a biblioteca, salvemos os libros (parte I:pasado, presente e futuro)11 avr. 202401:10:59
Hoxe vamos a Miranda de'l Douro, no nordeste portugués. Terra de pauliteiros, posta mirandesa e fronteira natural no rio máis vinícola, o seu maior atractivo é a sua fala. Si, la Lhéngua Mirandesa resiste ainda cuns 4500 falantes... e baixando. A Lei 7/99 de 1999 da República Portuguesa recoñece esta variante de astur-leonés como patrimonio propio do país, e recoñece tamén os dereitos lingüísticos da comunidade mirandesa. 25 anos despois, "pouco se ten feito", e hai moito que loitar por que non desapareza ... en 2040. Así o prognostica o noso primeiro convidado, o escritor, profesor e especialista en linguas minoritarias, Quique Costas. Con el sinalamos todo o que (non) se fixo e todo o que se pode aínda facer, e repasamos a sua visita á Assembleia da República para falar deste tema. Por último, tamén conversamos con Suzana Ruano, neofalante mirandesa, traballadora da ALCM (Associaçon de Lhengua i Cultura Mirandesa) e curiosa activa, como ela se define. E non para de rexistrar horas de gravacións coas xentes que aínda falan ese mirandés xenuíno... Biba!
Galiportus Ep.42- Altri (I): Non todo o que vén de Portugal é bo09 avr. 202400:56:05
Hoxe toca falar de medio ambiente, de celulosa e de mobilizacións cidadás. E é que Altri, unha empresa portuguesa, ten previsto instalar unha macroplanta de fibras téxtiles (que ao final parece ser celulosa) na comarca galega da Ulloa. Prométense centos de empregos e a Xunta deu luz verde, mais as xentes do corazón gandeiro da Galiza non o teñen tan claro. Fálase da produci´ñon de 400 mill toneladas de pasta solubre e 200 mill toneladas de lyocell, que poden degradar a biovidersidade da zona, poluindo o rio Ulla e mesmo afectando á Ria de Arousa, onde este desauga. Tal e como menciona a Plataforma Ulloa Viva ou a nosa entrevistada, a lucense Olalla Rodil, vice-portavoz do BNG no parlamento galego, é isto necesario? Recursos básicos privatizados, tremendo impacto ambiental e modelo socioeconómico invertido: que vivan 4 onde sempre viviron centos de familias cuns mínimos de dignidade. Perante o silencio mediático e o greenwashing da empresa, en connivencia cos poderes públicos... a batalla comezou! Será que ... nin todo o que vén de Portugal é bo?
Galiportus Ep.41- O diamante galego05 avr. 202400:56:46
Hoje falamos da Eurorregião em positivo, junto com o Roi Ribeira, jornalista da Nós TV e co-diretor do documentário "O diamante galego", Esta produção, já disponibilizada no Youtube e no canal da AGAL (Associaçom Galega da Língua), analisa em 45 minutos o imenso potencial económico que tem o contínuo urbano Ferrol-Porto, com uma área de influência de 6 milhões de pessoas e umas cidades galegas estratégicamente colocadas e comunicadas em forma de diamante. Basseando-se no livro do filósofo e ensaísta Antón Baamonde ("Unha nova Olanda: de Ferrol ao Porto, as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global", 2021), as entrevistas que coordenou o Roi Ribeira foram muitas, a norte e sul do Minho: empresários, políticos, economistas... e todos aderem à idea de uma Eurorregião em forte crescimento, numa altura de alianças e estrategias próprias que defrontem o poder centralista dos dois estados. No final, música de Sara Correia ("Chelas"), uma das favoritas do convidado do episódio.
Galiportus Ep.40- PROPOR 202403 avr. 202400:50:43
Hoje falamos com o José Ramom Pichel, engenheiro informático galego, a trabalhar em projetos de processamento da linguagem natural (Projeto "Nos" conjuntamente com o Citius e o ILG, de IA aplicada ao galego) Com ele abordamos a PROPOR 24, um congresso único sobre processamento computacional (IA) do português celebrado pela primeira vez fóra de Portugal e do Brasil. Sim, no mês de março foi Santiago de Compostela quem uniu vozes galegas muito relevantes, a sumar a outras do sul do Minho ou de além do Atlântico, vozes de cientistas respeitados na questão. Os resultados, como diz José Ramom, foram muito positivos, com a variante galega a ser considerada no tronco comum da lusofonia. Em um momento onde a tecnologia está a mudar tudo, é uma maravilha saber do PROPOR e do imenso trabalho que se está a desenvolver a respeito da IA ... a contar com a fala deste cantinho da península. A música do final, maravilha: Filhas da Cassandra e Tanxugueiras: quen é que canta?
Galiportus Ep.39- 8M e a Plataforma Feminista Galega25 mars 202400:36:13
Hoxe conmemoramos o 8-M falando dos retos e as necesidades ás que se enfronta a nosa sociedade, en clave feminista. Nun momento de incertezas e de involución de certos dereitos das mulleres que se crían consolidados, a celebración deste ano foi mesmo un tanto descafeinada por divisións internas e agresividade externa, allea ao movemento, sobre todo da parte política máis reaccionaria. Analizamos todo con Pilar Estévez, presidenta da Plataforma Feminista Galega. Do lado portugués finalmente non conseguimos falar con ninguén da Marcha Mundial das Mulheres nin coas compañeiras da Plataforma Portuguesa para os Direitos das Mulheres, mais recomendamos vivamente que sigades a súa acción. Acabamos con Adriana Nolesco e a súa música: "pra todas as mulheres". Para todas vós vai este programa!
Galiportus Ep.38- Criadores de conteúdo galaico-português. A visão brasileira do Quintal da Galécia.21 mars 202401:00:24
Hoje vamos "bater papo" até Rio de Janeiro, com o Christian Salles, funcionário público e apaixonado da Galiza e do galego. Após inúmeros projetos, já há alguns anos que começou a fazer entrevistas relativas a personagens galegas e portuguesas, muito interessantes mesmo. O seu último espaço é o "Quintal da Galécia" (a nossa língua comum), e interessa-nos muito a perspetiva brasileira que ele fornece no assunto. Além disto, também apresentamos os projetos de outros criadores de conteúdo galaico-português: O Centro (Antia Cortiças, Jorge Mendes, Pablo Lamas), Café com Português (Carla Nepomuceno) e Jardim à Beira Mar Plantado (Jorge Mirancos) Com eles já conversámos para um capítulo semelhante a este, conteúdo d'O Centro. Agora sim, com o Christian, estamos todos os fãs galaico-portugueses... ou não? Olha que bom!
GLP- O MARCO II- A Fala, o tesouro do Xálima (2) (parte II: os especialistas)18 mars 202401:27:18
O Marco continúa desta vez coa cuestión da Fala do Xálima. Falamos cos especialistas para saber de onde vén A Fala, como se conservou, cales son as súas peculiaridades, que significa no contexto histórico e actual... En primeiro lugar, aténdenos Xosé Henrique Costas, catedrático de filoloxía galega, con investigacións de dialectoloxía e sociolingüística da Uvigo. El é unha eminencia no tema: leva 30 anos investigando e publicando sobre A Fala e linguas minoritarias. En segundo lugar, chamamos a Alicia Manso, valverdeira, doutora e profesora de didáctica en lingua española (Univ. de La Rioja), cunha tese sobre A Fala. Os dous axudan a visualizarmos o foco académico da Fala. Longa vida!
Galiportus Ep.37- Especial eleições portuguesas14 mars 202401:41:01
Tal e como aconteceu há umas semanas do lado norte do Minho, agora foi a vez dos portugueses decidirem o seu futuro político. Após as legislativas de 10 de março, o panorama político português ficou na encrucilhada, com um empate técnico entre PS (Pedro Nuno, centro-esquerda) e AD (Luis Montenegro, coligação das dereitas) Porém, a notícia foi o Chega (André Ventura, extrema-direita), que cuadriplicou os resultados de 2022, e passou de 12 para 48 deputados, a favorecer-se de 1 milhão de votos "protesto". Por quê este cenário? O que vai acontecer agora? Perguntamos tudo isto e mais ao Antón Losada, analista político muito conhecido na Galiza e na Espanha, doutor em direito, professor de ciência política, investigador e escritor. Do lado "local", voltamos a contatar com o Luís Loureiro, trabalhador da RTP durante 24 anos, professor de jornalismo e doutor em ciências da comunicação. Um programa espetacular com todas as ópticas e a melhor música no final, Deolinda, com o seu "Seja Agora". Que seja agora a vossa escuta!
GLP- O MARCO I- A Fala, o tesouro do Xálima (parte I: as súas xentes)11 mars 202401:28:48
Chega ao Galiportus o primeiro dunha serie de documentos radiofónicos dedicados a descubrir as peculiaridades das fronteiras. Nace "O MARCO" como espazo complementario no que, mediante investigación e conversas, tentamos chegar a cada recuncho galaico-portugués (e non só) onde os limites son só mentais. Para aqueles que ollades sempre para o lado de alá, explorades e non vos conformades con lindes impostos, este é o voso programa. No primeiro capítulo imos até o norte de Cáceres para ver "in situ" o tesouro lingüístico que aínda alí pervive: unha fala agalegada, orgullo das xentes de Valverdi do Fresnu, San Martiño de Trebellu e As Ellas. Unha marabilla poder falar e desfrutar, máis tamén preguntarnos polo presente e futuro desta fala supervivinte no tempo. Temos a sorte de palpar todo isto de primeira man coas testemuñas dos protagonistas. Non volo perdades!!
Galiportus Ep.36- O portugués nas escolas galegas08 mars 202400:59:49
Hoxe falamos de ensino e falamos de lingua. Logo de varias convocatorias nas que a lingua portuguesa aparecía como ofertada nas oposicións galegas de secundaria, neste 2024 volveu desaparecer. Con até 75 centros de ensino medio ofertando portugués como "2ª lingua estranxeira" , conversamos nos estudios da radio con dúas persoas con ben experiencia na materia: Olga Piñón (profesora de galego e portugués) e Fernando Castro (director recén xubilado e tamén profesor no seu día de portugués) Ambos repasan aqueles anos nos que "voluntariamente" ofrecían portugués no seu IES de Bande (case na raia), moitos anos antes de que a Lei Valentin Paz Andrade propuxera o achegamento e aproveitamento da lusofonía como motor de futuro. As preguntas continúan aí: como é a acollida dos alumnos, familias e profesorado? É posible normalizar o galego mediante o portugués? Sendo a mesma lingua, non deberían estar nas horas (ampliadas) de galego? Estas e moitas outras cuestións... co peche proposto por Olga: Ana Moura e o seu "Día de Folga", música utilizada nas súas aulas. Un luxo de xente!
Galiportus Ep.35- Premios Aritmar, unindo música e poesía GZ-PT04 mars 202401:19:45
Hoxe falamos duns premios que cada ano van a máis. Trátase de "Aritmar", iniciativa xurdida da EOI de Santiago e popularizada grazas a outras colaboracións de altura. Falamos co director da EOI de Compostela, e impulsor do certame, Gonzalo Costenla Bergueiro, para comprobarmos de primeira man como estes premios buscan revalorizar o espazo musical e poético luso-galaico. Si, cada ano, durante o mes de marzo, expóñense as 10 mellores cancións do lado galego e do lado luso, máis tamén os mellores poemas do ano anteiror. No 2023, Fillas de Cassandra, Arancha Nogueira, Mª Isabel Fidalgo ou a Associação Zeca Afonso (premio especial á embaixada da amizade galaico-lusófona) foron as gañadoras. E tamén Retimbrar, como mellor música portuguesa; temos a sorte de falar coa súa vocalista e compositora desde O Porto, Sara Yasmine. Feito o programa, e desfrutado do tema a modo peche dunha das candidatas deste ano ("Morena"-De Ninghures), só queda votar, desexarlle sorte a tod@s e esperar os resultados ... e a gala de Compostela a realizar no vindeiro outono. Bravo!
© My Podcast Data · Independent project · Data from Apple & Spotify