Episodios cada semana, martes/terças feiras 16h.
Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: galiportuspodcast@gmail.com.
Galiportus busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, política, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Ou tamén curiosidades, lendas, tradicións, xentes, ideas e proxectos.
Realidades transfronteirizas. Dando a coñecer Portugal aos galegos e Galiza aos portugueses... Porque o Miño nunca foi un problema...
Galiportus fala para esses 6'3 milhões de habitantes da Eurorregião, mas também para todos os ouvintes dispersados pelo mundo, interessados nas questões deste canto da Península Ibérica, pela sua lingua comum, a cultura e o património milenar. Ou pela forma de entendermos o próprio mundo desde aqui...
Sejam bem-vindos! E bem-vindas!
.........................................
Estamos nas redes: Facebook, twitter, Instagram. Escoita tamén en Spotify, Apple podcast, podgalego.
Site
RSS
Apple
Data updated on 04/07/2026
Recent rankings
Latest chart positions across Apple Podcasts and Spotify rankings.
Shared links between episodes and podcasts
Links found in episode descriptions and other podcasts that share them.
Discover shows related to GALIPORTUS, based on actual content similarities. Explore podcasts with similar topics, themes, and formats, backed by real data.
Galiportus T2 X 05- O Observatório Galego da Lusofonia, com o Jon Amil
Tuesday, November 12, 2024 • Duration 01:05:31
10 anos após o lançamento da Lei 1/2014 (para o aproveitamento da língua portuguesa e de relacionamento com a Lusofonia, conhecida como "Valentim Paz Andrade"), e 13 meses depois de o Diário Oficial da Galiza falar dele pela primeira vez, o Observatório Galego da Lusofonia é já uma realidade. O presidente da Xunta, representantes das administrações espanholas e portuguesas, do Consello da Cultura Galega, da CPLP (comunidade de países de língua portuguesa), da Fegamp, da Associação de docentes de língua portuguesa na Galiza, da AGAL, etc., reuniram-se para conformar o organismo que há de zelar pela aproximação "real" da Galiza e do galego à lusofonia.
Ligamos ao Jon Amil, presidente da AGAL, que participou no encontro. É com ele que falamos de tudo... e mais! Acabamos com uma música da Maria O'Neill Cortes, "Distração".
Galiportus T2 X 04- A Através editora, coa Charo Lopes
Tuesday, November 5, 2024 • Duration 01:11:20
Hoje falamos da editora galega a escrever em "galego internacional" desde 2009, a Através editora. Com uma coleção disponível de centenas de livros, conta com dúzias de colaboradores e 4 seções: Através da língua, Através das ideias, Através de nós e Através das letras. Assuntos linguísticos, arte, história, feminismo, antropologia, criação poética ou narrativa... tudo é posível, graças ao pessoal da AGAL (Associaçom Galega da Língua), o Consórcio Editorial Galego e a Companhia das Artes em Portugal. Para explicar tudo isso, e falar-nos das úñltimas novidades editoriais ("Todas as crianças foram antes adultos... mas poucos se lembram", "Uma pequena história da Galiza rural, 1939-1982", "A abolição do género para a sua expansão") contatamos com a Charo Lopes, ativista, poeta, esctitora, jornalista, fotógrafa... ("ou simplesmente autónoma", como ela nos disse, a fazer brincadeira) Ligada profissionalmente à Através, tem muito para contar-nos ainda dos seus projetos, como são, além de mais, o livro da Scd "Galiza com Palestina" (do qual lê um poema fantástico: "intifada"), ou o livro solidário "Cantos da dor e da liberdade". Em umalopes.com temos tudo sobre a Charo, com a qual desfrutamos de bons minutod de rádio, além de boa música brasileira: "Construção", de Chico Buarque; e "Acabou Chorare", de Novos Baianos. Maravilha!
Galiportus T2 X 03- Liberdade para o galego, coa Elsa Quintas
Tuesday, October 29, 2024 • Duration 01:07:18
Son tempos duros para o galego. Logo dos últimos datos do IGE (Instituto Galego de Estatística, 2023), un tercio dos rapaces de entre 5 e 14 anos non saben expresarse na lingua propia. Por primeira vez en 1000 anos, o galego xa non é a lingua máis falada no seu territorio. Cos sinais alerta vermella acendidos, e cun decreto do "plurilingüismo" de 2010 moi criticado por amplos sectores sociais, conversamos coa Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüistica, avogada, activista e tamén escritora. Con ela, ademais de sinalar as razóns que levan á situación de "emerxencia lingüística", falamos do libro do que é coautora, "Liberdade para o galego". Nel compáranse artigos da Carta Europea de Linguas Minoritarias co Plan de Normalización Lingüística de 2004, asinado por todas as forzas políticas. A visión xudicial de Elsa achéganos novos enfoques aos xa coñecidos nos que non hai liberdade de uso (nin obrigatoriedade no coñecemento) para o galego: saúde, educación, audiovisual, medios... Perante tanto pesimismo, é hora de actuar! En liberdade.
Acabamos o programa cunha recomendación musical da convidada: "Encerelhado", de Berlai.
Galiportus T2 X 02- Cortiza como motor económico ... e historia de vida
Tuesday, October 22, 2024 • Duration 01:24:02
Hoxe falamos de industrias transformadoras e de formación profesional dun sector vital para Portugal e non tanto para Galiza, como é o da extracción da cortiza (a pel da sobreira) e a súa posterior transformación que dá nos diferentes usos que xa coñecemos. Por exemplo, o dos tapóns (rolhas) das botellas/garrafas do viño. Recibimos con moito pracer a Francisco e Xacobe Ribeiro, fillo e neto da saga Almeida (Corchos Almeida), instalados hai máis de 55 anos na comarca galega do Ribeiro. Falamos con eles das súa incrible historia de "resistencia" e de progreso, desde que o avó atravesou a fornteira, vindo de Santa Maria da Feira, e trouxo a 8 fillos nunha moto, até ser hoxe unha empresa referencia no ámbito galego e no noroeste do Estado. Do lado sur do Minho aténdenos Délio Carquejo, director da Cincork, a única escola de formación profesional da península dedicada a preparar aos alumnos para seren parte da industria da cortiza. Nun sector no que Portugal é lider mundial, Délio achéganos todas as respostas sobre un centro que leva 40 anos facendo as cousas moi ben.
En fin, temáticas diversas para un novo Galiportus, con temas de Deolinda (Movimento perpétuo associativo) e Ataque Estampe (A vitória)
Galiportus T2 X 01- O MARCO (VII) O galego de Asturias... vive ou sobrevive?
Tuesday, October 15, 2024 • Duration 01:44:12
Hoxe comezamos nova temporada no Galiportus e facemos achegando un novo contido d'O Marco, ese espazo de fronteira de carácter auténtico. É un pracer partillarmos unha conversa que tivemos no verán coa xente que máis sabe do Galego da Asturias occidental, ese que leva séculos falándose entre o ríos Eo e Navia, e que loita por sobrevivir, perante a inacción da administración galega e os ataques da asturiana. Trátase dunha realidade complexa, coa presión oficialista do asturiano e a oficial do castelán, e para explicarnos todo conversamos con Moisés Cima, presidente de Axuntar (Asociación prá Normalización del galego de Asturias); Carlos Aenlle, activista de lingua nesas e outras comarcas; Quique Roxíos, poeta e tamén membro da asociación; e Natalia Xardón, doutora en lingüística e natural de Boal (Asturias), tamén boa coñecedora desa realidade. Logo dun bo anaco a falar con eles, despedímonos cun tema, unha cantiga fermosísima, versionada e chamada "El Teixo de Pastur", de Graça Amiguinho. Viva!
Galiportus Ep.73- A Lei Paz Andrade, 10 anos despois
Monday, August 12, 2024 • Duration 01:08:42
En 2014, 17 mil persoas asinaban a Iniciativa Lexislativa Popular chamada "Valentín Paz Andrade" (político, empresario e escritor galeguista do século XX, ao que se lle dedicaron as Letras Galegas de 2012), para o aproveitamento da língua portuguesa na Galiza e os vínculos coa lusofonía. Ao pouco tempo, a ILP convertíase na Lei 1/2014, de 24 de marzo, baixo a mesma denominación e apoiada no Parlamento galego pola totalidade dos grupos políticos.
Buscábase, pois, achegar Galiza e o galego a un mundo que ten mesmo ás portas, facendo uso das vantaxes competitivas propias, a nivel cultural, lingüístico (máis tamén económico) que supón ser galego/a. Os eixos: a aposta pola aprendizaxe da lingua portuguesa no ensino formal, a relación institucional e a recepción dos medios de comunicación portugueses.
Unha década despois, tentamos analizar a cuestión en profundidade cun dos impulsores da lei, portavoz da ILP no seu día, Xosé Carlos Morell, empresario e profesor (Mos-PO-GZ) Lanzámoslle ben de preguntas: como se recordan aqueles días? En que se avanzou? Que falta por mellorar? É unha realidade ou é unha sensación que estamos ante unha de tantas leis que fica en "papel mollado"? E, sobre todo, nunha época en que todo vai tan rápido e vendo a perda de falantes de galego... que vai acontecer no futuro?
Pechamos cunha grandísima música de Mondra, "saco de pulgas".
Galiportus Ep.72- O Instituto Camões de Vigo
Thursday, August 8, 2024 • Duration 42:43
500 anos do nacemento dun dos grandes portugueses da historia, Luis de Camões. Falamos do autor de "Os Lusíadas", esa obra poética na que se ensalzan as "proezas" épicas dos exploradores/mariñeiros lusos, alén de ser tamén un dos grandes "inmortais" da literatura: da escrita, da fala e do ton, que evoluíron segundo as pautas marcadas por el. Neste sentido, temos que lembrar que o 10 de xuño é feriado en Portugal, commemorándose o dia de Camões, de Portugal e das Comunidades Portuguesas.
Hoxe temos no GLP a Célia Mendes, responsábel do Centro Camões de Vigo (Instituto da Cooperação e da Língua), para conversarmos sobre a data e o autor, mais tamén sobre o significado da institución, as relacións coa Galiza... e as posibilidades de estudar (e convalidar) a norma de Lisboa. A música, de Deolinda: "eu tenho um melro". Non volo perdades!
Galiportus Ep.71- Foni Diaz, a volta ao mundo com a bandeira
Tuesday, August 6, 2024 • Duration 01:16:05
Chega aos nossos estúdios da rádio, neste novo episódio, Alfonso Diaz Andrés, "Foni" Diaz. Professor de licéu já reformado, decidiu dar ao volta ao mundo com a bandeira galega. Falamos com ele para sabermos como correu a aventura, e quais os desafios que teve de defrontar, da Austrália ao Chile, da Bulgária até a Uganda. A acompanhá-lo, veio também Augusto Fontán, "anti" poeta e amigo. As músicas, Fausto ("Rosalinda. atrás dos tempos vêm os tempos") e Gaos (compositor histórico galego: "as montañas de Galicia") Olha que maravilha de pessoal!
Galiportus Ep.70- O Modelo Burela e o programa "Grandes Vozes do Nosso Mundo"
Thursday, August 1, 2024 • Duration 59:34
Hoje fazemos um programa muito especial, junto com o Bernardo Penabade (filólogo e professor do IES de Burela, ex-presidente da Agal e parceiro da "Comisión Técnica" do "Centro de Documentación Social" do "Consello da Cultura Galega") e o Marco Pereira (jornalista invisual e apresentador em Rádio Burela - Lu, Gz- do programa de músicas lusófonas "Grandes Vozes do Nosso Mundo") Com eles é uma maravilha falar do "Modelo Burela", um projeto educativo que permitiu, numa vila com bem de migração caboverdiana, achegar a multiculturalidade a um sucesso social e integrador "continuado" e "poderoso". Uma conversa espetacular, tudo com a rádio quanto meio de transformação e união, a lusofonia na galiza quanto oportunidade... e a música da Ugia Pedreira no fim: "os teus ollos".
Galiportus Ep.69- Lumes: usos, desusos e problemáticas
Monday, July 29, 2024 • Duration 01:34:34
Chega o verán, e con el, o calor, a seca... e os temidos lumes nos nosos montes, a norte e sul do Minho. Moitas son as preguntas que nos veñen á cabeza, e poucas as solucións a unha problemática que cada ano vai a peor, e que acaba por provocar a queima de millares de hectáreas de uso forestal, mesmo ás veces provocando perdas humanas, e sempre incidindo na perda de bioversidade. Desde Paredes de Coura (Viana-Pt) aténdenos Emanuel de Oliveira, encargado do Laboratório Rural e Gabinete Técnico Florestal do seu concello, enxeñeiro agroforestal con moitos lazos coa Galiza, habitual colaborador coas universidades galegas e experto en proxectos da xestión e usos dos fogos. Do lado norte, estamos con Davide "de Manzaneda" (Ou-Gz), ex-alcalde durante 8 anos, ex-parlamentario galego e bombeiro forestal desde 2002; el coñece moi ben todo o que rodea "ao que arde", unha rede ben tecida no que o que parece importar menos é o coidado e a xestión do medio natural...
Tema controvertido, mais moi axeitado nesta época do ano... e que tamén representa un enorme desafío conxunto para as localidades arraianas. Toca conciencia e acción!!