Retour
Explorez tous les épisodes du podcast Vinte de Foliada
Plongez dans la liste complète des épisodes de Vinte de Foliada. Chaque épisode est catalogué accompagné de descriptions détaillées, ce qui facilite la recherche et l'exploration de sujets spécifiques. Suivez tous les épisodes de votre podcast préféré et ne manquez aucun contenu pertinent.
| Titre | Date | Durée | |
|---|---|---|---|
| Vinte de Foliada en Ourense | 18 Dec 2025 | 00:36:53 | |
Poucos espazos máis susceptibles de xuntar troula e tradición en Ourense ca un magosto. E ata un dos máis clásicos da cidade levamos os micrófonos deste Vinte de Foliada.
Entre castañas e carballos de Monteledo, o encontro organizado polo colectivo A Galleira ábrenos a porta de grupos como Algaravía, A Cuñeira, a Asociación Ourensá de Folclore e do legado doutras como Auriense.
A conversa con participantes nesta festa achéganos a encontros periódicos coa música tradicional coma os Venrespirar, dos que nos fala Gabi Reboredo, músico e profesor de canto, percusión e baile en Algaravía, que goza do magosto preto dalgunhas das súas alumnas.
Lucía, Raquel, Noelia... Ourensás moi activas no tradi que nos explican como a música tradicional está moi viva e vai ao carón de valores actuais para mocidade e maiores da cidade e tamén para persoas vidas de fóra como Alba, moza de Valladolid que a través da música chegou tamén á lingua galega.
Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Vanesa Vázquez e David Lombao.
Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. | |||
| Vinte de Foliada en Pontevedra | 11 Dec 2025 | 00:31:43 | |
Vinte de Foliada para en Pontevedra, onde ea viveza da música tradicional amósanola Álvaro Carballo. Conversamos con el entre aulas de música e baile da asociación Trepia, punto de encontro dende 2008 para veciñanza de todas as idades que, ademais de aulas, dá nova vida a tradicións como as danzas de reis ou a Aña Urbana.
De traer a tradición á actualidade saben tamén moito na Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte, que nos recibe nunha das súas clases de bordado ao aire para engalanar traxes tradicionais, pero tamén roupa ben actual; no seu caso o alumnado é de máis idade, pero comparte coas mozas e mozos a vontade de ir ás foliadas e non ficar só mirando.
O episodio pontevedrés conclúe nun espazo ben diferente, a universidade. O campús pontevedrés da UVigo acolle a aula permanente de música tradicional dirixida por Suso Vaamonde, que explica a sorte de contar cun espazo coma este e reflexiona sobre a necesidade de manter vivo o legado das cantareiras non só nunha data sinalada, senón sempre.
Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Ana Liste, Vanesa Vázquez e David Lombao. Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. | |||
| Vinte de Foliada en Santiago | 04 Dec 2025 | 00:33:52 | |
Que as pandeiretas ecoen pola rúa non é nada estraño en Santiago. Vinte de Foliada achégase a unha das agrupacións máis senlleiras da cidade, Brincadeira, para conversar co alumnado e cunha das súas mestras, Montse Rivera, unha das integrantes das históricas Leilía que explica como a actual explosión das foliadas é, en boa medida, herdeira das recolleitas de finais do século XX.
Poder levar a tradición á vida actual é o que tentan as mozas e mozos que acoden ás aulas de baile da Gentalha do Pichel. Tras unha delas sentan ante os nosos micros e explican como se preparan para acudir con xeito ás foliadas e tamén falar galego con normalidade.
Concluímos coas impulsoras do proxecto Andar cos Tempos; Carme Campo, Chus Caramés e Ana Lenza, profesoras e estudosas, explícannos como logran un baile tradicional máis libre a través de repensar os roles de xénero que o marcaron durante demasiado tempo
Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Ana Liste, Vanesa Vázquez e David Lombao.
Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. | |||
| Vinte de Foliada en Vigo | 19 Nov 2025 | 00:25:21 | |
O terceiro Vinte de Foliada lévanos a Vigo. Comezamos paseando polo parque Castrelos para atoparnos alí coas xentes diversas que cada dous xoves se xuntan para tocar e bailar. Demóstranos que a tradición é agora e o mesmo fai Artur Puga, bailarín, bailador e percusionista que nos explica como a música tradicional non só está viva, senón que gaña espazos na cidade. Pasamos, asemade, pola escola de danza Inés Núñez e sentamos a conversar de vagar con Luís Prego; músico, bailador, investigador, fundador do grupo O Fiadeiro e un dos responsables de que o tradi teña un presente tan vizoso.
Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Vanesa Vázquez e David Lombao.
Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. | |||
| Vinte de foliada en Lugo | 12 Nov 2025 | 00:28:37 | |
O segundo Vinte de Foliada para en Lugo. En vésperas do San Froilán visitamos unha unha aula de iniciación á pandeireta no CENTRAD, o Centro de Artesanía e Deseño, conversamos coa rapazada de entre 9 e 13 anos que vai ás aulas e tamén coa súa profesora, a música Branca Villares. Tamén pasamos pola escola de baile O Xeito, onde Xabier Iglesias nos explica como levan unha década termando da tradición mentres o pasan ben. E paramos nunha das asociacións vencelladas ao 'tradi' máis emblemáticas da cidade da Muralla, A Volta do Agro, onde Senén Montero nos explica como o que alí sucede en clases e foliadas vai moito máis alá e demostra, como dicimos no Vinte de Foliada, que a tradición é agora.
Na redacción, produción e locución deste episodio estiveron Ana Liste e David Lombao
Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia | |||
| Vinte de foliada na Coruña | 29 Oct 2025 | 00:20:36 | |
O primeiro Vinte de Foliada principia nunha das foliadas de Elviña, onde cada mércores desde hai décadas centos de persoas se xuntan para tocar e bailar ou para gozar desde a terraza dunha festa improvisada que naceu e se mantén grazas ao impulso da asociación Tempo Novo e onde se dan cita membros de moitos outros colectivos que terman do tradi na cidade. Achegámonos tamén a unha aula de pandeireta da asociación Donaire, onde acreditamos que, á calor das coplas e dos toques, tamén reverdece a lingua galega.
Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia
Na redacción, produción e locución deste episodio estiveron Miguel Pardo, Ana Liste, Vanesa Vázquez e David Lombao
Para saber máis
https://vinte.praza.gal/artigo/vinte-de-foliada-na-coruna | |||
© My Podcast Data · Projet indépendant · Données issues d'Apple & Spotify